O vindeiro 14 de marzo, dentro das xornadas contra a especulación e xentrificación na zona vella de Vigo, vaise desenvolver no Centro Social a Revolta do Berbés un obradoiro de mapeo colectivo. Para introducirmos un pouco mais nestas dinámicas de cartografía crítica e colectiva, deixamos as seguintes anotacións sobre os mapeos colectivos e a dinámica que vaise levar a cabo neste mapeo social da zona vella de Vigo.
Agardamos a túa participación!!
Agardamos a túa participación!!
Que son os mapeos colectivos?
Os mapeos colectivos son unha ferramenta que permiten, dende unha posta en común e participativa, identificar diversas problemáticas (sociais, ambientais, etc) que actúan sobre os territorios, cidades ou barrios. Facilita así a participación e a creación de un ideario de resistencia, froito dun proceso de reflexión e crítica colectiva.
Que finalidade teñen?
Este proceso de reflexión colectiva tradúcese nun formato visual, o mapa, que estabelece unha
cartografía social que axuda a difusión e o entendemento das
problemáticas que afectan sobre o territorio, así como validar as voces críticas e de resistencia destas mesmas. Ademáis os mapeos son prácticas que favorecen os intercambios de saberes e a
aprendizaxe mutua entre todas as participantes, grazas a que estes pretenden ser un espazo para a socialización e o
debate, deixando unha porta aberta a futuras propostas, colaboracións
e iniciativas. Polo tanto os mapeos colectivos non son un fin en si mesmos, senón que son unha ferramenta máis que propicia o diálogo, a reflexión e participación colectiva.
Que se vai facer no obradoiro do día 14?
O obradoiro de mapeo colectivo do día 14 de marzo está pensado para reflexionarmos, desde o colectivo, sobre as
problemáticas sociais e especulativas presentes na zona vella da
cidade de Vigo. O obxectivo é identificar dinámicas e consecuencias do proceso
de rehabilitación e transformación social acontecida no barrio durante
os últimos anos, co fin de crear unha cartografía social e reivindicativa
do centro histórico da cidade. O fin último é o de estabelecer un espazo
de encontro que nos permita
identificar as problemáticas co fin de crear unha resposta crítica e
colectiva a todo este proceso de transformación que xoga coas vidas de
centos de persoas.
Como se vai levar a cabo o mapeo?
Para levar a cabo o mapeo entre todas as participantes, dividirémonos en diferentes grupos temáticos onde a través de
diversos textos e preguntas, reflexionaremos sobre as diferentes
problemáticas identificadas no barrio. Para isto cada grupo contará cun
mapa da zona vella e cunha serie de iconos que permitirán ir cartografiando o barrio a
medida que cada grupo vaia reflexionando e analizando os diferentes
bloques temáticos. Ao final, realizarase unha posta en común entre todas
as asistentes, conformando así un mapa social que servirá de ferrament,
para identificar e entender de xeito visual, de o porqué estamos a falar sobre
procesos de xentrificación e especulación en Vigo.
Fai falla incrición previa?
Aínda que non fai falla unha inscrición previa ao obradoiro de mapeo colectivo que imos desenvolver, si que agradeceríamos que se
tes pensado pasarte polo obradoiro, nos mandes un correo a
xentrificaciónvigo@gmail.com ou ao facebook de Xentrificación Vigo co fin de axudar coa loxística dos
materiais e da preparación da facilitación do obradoiro.
Por último, se queredes afondar máis sobre os mapeos colectivos, recomendamos a visita a páxina das amigas de Iconoclasista, así como a lectura do seu interesantísimo manual de mapeos colectivos.
Agardámoste o sábado 14 de marzo, ás 17:00h, no Centro Social a Revolta do Berbés na rúa Real nº12 (zona vella), Vigo-Gz.