O concello de Vigo vai
iniciar un programa de axudas específicas a propietarios de inmóbeis
con paredes medianeiras á vista para que se animen a realizar
intervencións artísticas nelas. A área de actuación será o
centro da cidade co fin de “mellorar” o seu aspecto, converténdoa
a través destas intervencións, nun atractivo máis que poida atraer
o turismo. Conseguen así revitalizar o espazo urbano e potenciar, ao
mesmo tempo, a marca cidade que estase a proxectar de Vigo cara o
exterior.[1]
Estas subvencións de erario publico aos propietarios privados de inmóbeis contarán coa premisa de “publicidade”, “concorrencia” e “obxectividade”, polo que as rúas beneficiades serán aquelas que presenten maior tránsito no centro (comercial e turístico) da cidade, estabelecendo xa unha diferencia en recursos cos demais barrios e parroquias de Vigo, moitas delas con grandes necesidades e carencias en infraestruturas sociais. Ademais, formúlase a participación de empresas que poidan patrocinar ditas intervencións artísticas, “ofertando un espazo propio nos murais para deixar patente a súa colaboración”, privatizando máis os espazos públicos neste modelos de cidade neoliberal que están construíndo.
Isto é un claro exemplo de como a arte de rúa é institucionalizada converténdose nun actor clave nos procesos de xentrificación e especulación en barrios degradados i en edificios abandonados (como é o caso de Lisboa e outras cidades con procesos de xentrificación[2]). Non hai que esquecer que o consistorio Vigués ten política cero en canto as intervencións artísticas na rúa, onde a través da “Ordenanza Municipal reguladora da convivencia cidadá e de ocio” do 2009, estabelece multas de entre 300 a 750 euros, estando considerada estas intervencións artísticas como infraccións leves. Deste xeito, o colectivo graffitero que se atopa asoballado a través destas políticas e prácticas de control social, presentan agora un interese por parte do concello co fin de que axuden a “revitalizar” a imaxe de Vigo a través das súas obras, caendo nas lóxicas da hipocrisía do mercado.
Unha vez máis se amosa
as continuas políticas que desde o concello estanse a realizar para
deseñar unha cidade fachada orientada ao comercio, o consumo e ao
turismo, obviándose das necesidades reais e sociais desta cidade.
Intervención na
Panificadora [3], onde as políticas de cero de intervención na rúa do
concello limparon os murais aos poucos
días.
|
[2]http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/08/09/lisboa-referente-cultura-urbana-europa/1072819.html