O vindeiro domingo día 5 vaise proxectar, grazas as amigas de Curtopia Vigo, os documentais Ficção Imobiliária e Luz da plataforma Museo De Los Desplazados do colectivo Left Hand Rotation. A partires destas dúas curtas reflexionaremos entre todas sobre os procesos especulativos neoliberais e as políticas de exclusión social que están tendo lugar na cidade de Vigo.
Para máis info da programación do festival e das diferentes proxeccións podedes consultar a seguinte ligazón:
"No sistema neoliberal as cidades convértense en polos especulativos de acumulación de capital e, dese modo, comézase a deseñar o espazo urbano para satisfacer as necesidades que provoca a tercialización do seu sistema produtivo. Estas prácticas traen consigo a exclusión dun amplo abano dos seus habitantes e o aumento, aínda máis, da fenda social existente que provoca o capitalismo.
Para máis info da programación do festival e das diferentes proxeccións podedes consultar a seguinte ligazón:
http://curtopia.es/xentrificacion-vigo/ |
"No sistema neoliberal as cidades convértense en polos especulativos de acumulación de capital e, dese modo, comézase a deseñar o espazo urbano para satisfacer as necesidades que provoca a tercialización do seu sistema produtivo. Estas prácticas traen consigo a exclusión dun amplo abano dos seus habitantes e o aumento, aínda máis, da fenda social existente que provoca o capitalismo.
A través destas dúas curtas do colectivo Left Hand Rotation,
quérese reflexionar sobre a conflitividade e precariedade que xorden
dos procesos de especulación e xentrificación, entendidos estes como
procesos globais que se desenvolven en cada territorio en función das
particularidades do mesmo. Ficção Imobiliária achéganos os conflitos
sociais e urbanos propios da lóxica capitalista e de como esta entende a
cidade. Dun xeito moi acertado, recompila material formado por
películas de ficción onde as problemáticas asociadas á cuestión da
vivenda aparecen na trama principal ou cruzada con esta. Pola súa banda,
Luz amósanos a realidade do barrio histórico da Luz de São Paulo, onde
máis do 30% do seu rueiro está baixo a ameaza de demolición debido a
novos plans urbanísticos, coa conseguinte expulsión dos seus actuais
moradores."