Os vindeiros días 6, 7, 13 e 14 de marzo temos o pracer de convidar a toda a veciñanza de Vigo ás primeiras xornadas contra a especulación e xentrificación na zona vella de Vigo, que se van desenvolver no C.S. A Revolta do Berbês grazas á colaboración dos colectivos Xentrificación Vigo, GAS, LAPSUS e a ODS-Coia. Estas xornadas están pensadas como un punto de encontro e de posta en común para repensarmos, desde o colectivo e dun xeito crítico, os procesos de transformación social e urbana que están acontecendo no centro histórico da nosa cidade. Procesos que están a provocar a expulsión e marxinalización de colectivos sociais presentes no barrio durante anos, asi como a suba dos prezos das vivendas e dos alugamentos, ademais da comercialización e turistificación da maior parte do barrio.
Agardámosvos nas datas sinaladas no C.S. A Revolta do Berbés, en rúa Real nº 12 (zona vella), Vigo-Gz.
Agardámosvos nas datas sinaladas no C.S. A Revolta do Berbés, en rúa Real nº 12 (zona vella), Vigo-Gz.
Programación
Venres 6 de marzo. 20:00h.
- Presentación das xornadas e do fanzine "Xentrificación. Transformación e exclusión social na zona vella de Vigo".
- Proxección: "Com un Gegant Invisible. Can Batlló i les ciutats Imaginàries"
Mesa redonda:
- Transformación urbana e conflitividade social na cidade capitalista
Sábado 7 de marzo. 19:30h.
Mesa redonda:- Transformación urbana e conflitividade social na cidade capitalista
Con Juan Medela, Grupo de Estudos Antropolóxicos "La Corrala"
- Especulación e exclusión social na zona vella de Vigo
Con Xentrificación Vigo.
- Proxección + debate: "Bye bye Barcelona"
17:00h. Obradoiro de mapeo colectivo (cartografía social do barrio)
19:00h. Roteiro pola zona vella.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A continuación, Xentrificación Vigo vai abordar os procesos de especulación e exclusión social que se observan na zona vella da cidade. Dun xeito resumido intentarase identificar os actores, os procesos e os intereses que se atopan detrás dos procesos de transformación que levan tendo lugar nestes últimos anos no centro histórico de Vigo.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Para isto dividirémonos en diferentes grupos temáticos, onde a través de diversos textos e preguntas, reflexionaremos sobre as diferentes problemáticas identificadas no barrio. Para isto cada grupo contará cun mapa e cunha serie de iconos que permitirán ir cartografiando o barrio a medida que cada grupo vaia reflexionando e analizando os diferentes bloques temáticos. Ao final, realizarase unha posta en común entre todas as asistentes, conformando así un mapa social que servirá de ferramenta para identificar e entender de xeito visual de porqué falar sobre procesos de xentrificación en Vigo.
Na páxina web de Iconoclasista podedes atopar o interesante manual de mapeo colectivo para afondar máis no tema. Animádevos a vir!!
Aínda que non fai falla inscrición previa, si que agradeceríamos que se tes pensado pasarte polo obradoiro nos mandes un correo a xentrificaciónvigo@gmail.com co fin de axudar coa loxística dos materiais e da preparación da facilitación do obradoiro.
A partires da cartografía obtida no obradoiro, realizarase un roteiro explicativo polo barrio para toda persoa que quixera vir. A andaina estará guiada entre os diferentes colectivos participantes nas xornadas e os diferentes grupos de traballo do obradoiro-mapeo que se queiran animar.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------
E ademais en cada xornada haberá petiscos veganos con prezo solidario para a autofinanciación das xornadas, ademais dunha exposición fotográfica permanente de denuncia social contra a especulación e xentrificación na zona vella de Vigo.
- Especulación e exclusión social na zona vella de Vigo
Con Xentrificación Vigo.
Venres 13 de marzo. 20:00h.
- Proxección + debate: "Bye bye Barcelona"
Sábado 14 de marzo.
17:00h. Obradoiro de mapeo colectivo (cartografía social do barrio)19:00h. Roteiro pola zona vella.
++ mais petiscos veganos e exposición fotográfica permanente++
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Venres 6 de marzo. 20:00h.
Com un Gegant Invisible. Can Batlló i les ciutats Imaginàries. 65:01min. Panóptica / LaCol (Països Catalans)
A través do documentario "Com un Gegant Invisible. Can Batlló i les ciutats Imaginàries" inténtase facer unha reflexión crítica á cidade contemporánea a través dos procesos de transformación acontecidos en Can Batlló, así como da evolución do Modelo Barcelona. Can Batlló é un recinto pendente de transformación, obxecto de reivindicación e loita veciñal dende fai moitos anos, atopándose agora nun proceso de apropiación por parte da cidadanía. A través deste proceso de recuperación, o documental pregúntase sobre cales son as regras do xogo, os actores, os intereses e estratexias que ditaron as transformacións urbanas na Barcelona dos últimos trinta anos e que levaron á situación actual: ao Can Batlló da propiedade privada fronte ao Can Batlló da xente. Partindo desta base, o documentario reflexiona sobre o futuro e sobre as outras Barcelonas posíbeis, sobre todo nesas cidades que aínda nos quedan por imaxinar.-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Sábado 7 de Marzo 19:00h.
Nesta xornada Juan Medela, do Grupo de Estudos Antropolóxico "La Corrala", vainos introducir nas dinámicas actuais de construción da cidade capitalista. Para isto abordará os conceptos de cidade capitalista, de marketing urbano e de marca cidade, cuxas políticas de aplicación dan lugar á transformación do espazo urbano e por conseguinte a procesos de xentrificación, de exclusión, de privatización e de control social. Deste xeito, abordará os diferentes mecanismos de renovación e transformación urbana e social aplicados polas institucións cuxo fin último e potenciar e comercializar unha marca de cidade convertendo os espazos urbanos nun produto de consumo máis.A continuación, Xentrificación Vigo vai abordar os procesos de especulación e exclusión social que se observan na zona vella da cidade. Dun xeito resumido intentarase identificar os actores, os procesos e os intereses que se atopan detrás dos procesos de transformación que levan tendo lugar nestes últimos anos no centro histórico de Vigo.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Venres 13 de marzo. 20:00h.
"Bye Bye Barcelona" (54.40 min). de Eduardo Chibas (Països Catalans)
“Bye Bye Barcelona" é un documental acerca da cidade e a súa relación co turismo, acerca da difícil convivencia entre Barcelona, xs barceloneses e o turismo e xs turistas. É un documental que expón, da man dalgúns dos seus moradores, os graves efectos que o turismo masivo ten na cidade condal. Barcelona non é unha gran metrópole, pero pode presumir de ser a cuarta cidade con maior turismo na Europa tras tres grandes capitais como Londres, París e Roma, sendo o seu porto o que máis cruceiros recibe de Europa e do Mediterráneo. Os Barceloneses viron como, en escasamente unha década, a cantidade de turistas triplicouse e ao economía xirou ate o servizo turístico, explotando, e destruíndo á vez, un patrimonio construído por xeracións anteriores. Realmente paga a pena perder todo isto?”-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Sábado 14 de marzo.
17:00h. Obradoiro de mapeo colectivo.
Este obradoiro está pensado para reflexionarmos desde o colectivo as problemáticas sociais e especulativos presentes na zona vella da cidade. O obxectivo é identificar dinámicas e consecuencias do proceso de rehabilitación e transformación social acontecida no barrio durante os último anos, co fin de crear unha cartografía social e reivindicativa do centro histórico de Vigo. O fin último é o de estabelecer un espazo de encontro que nos permita identificar as problemáticas co fin de crear unha resposta crítica e colectiva a todo este proceso de transformación que xoga coas vidas de centos de persoas.Para isto dividirémonos en diferentes grupos temáticos, onde a través de diversos textos e preguntas, reflexionaremos sobre as diferentes problemáticas identificadas no barrio. Para isto cada grupo contará cun mapa e cunha serie de iconos que permitirán ir cartografiando o barrio a medida que cada grupo vaia reflexionando e analizando os diferentes bloques temáticos. Ao final, realizarase unha posta en común entre todas as asistentes, conformando así un mapa social que servirá de ferramenta para identificar e entender de xeito visual de porqué falar sobre procesos de xentrificación en Vigo.
Na páxina web de Iconoclasista podedes atopar o interesante manual de mapeo colectivo para afondar máis no tema. Animádevos a vir!!
Aínda que non fai falla inscrición previa, si que agradeceríamos que se tes pensado pasarte polo obradoiro nos mandes un correo a xentrificaciónvigo@gmail.com co fin de axudar coa loxística dos materiais e da preparación da facilitación do obradoiro.
19:00h. Roteiro pola zona vella
A partires da cartografía obtida no obradoiro, realizarase un roteiro explicativo polo barrio para toda persoa que quixera vir. A andaina estará guiada entre os diferentes colectivos participantes nas xornadas e os diferentes grupos de traballo do obradoiro-mapeo que se queiran animar.------------------------------------------------------------------------------------------------------------
E ademais en cada xornada haberá petiscos veganos con prezo solidario para a autofinanciación das xornadas, ademais dunha exposición fotográfica permanente de denuncia social contra a especulación e xentrificación na zona vella de Vigo.